Arquivo da categoría: Sen clasificar

O mapa de Fontán

Faro de Vigo (2 de Santos de 2017) Adrián Solovio, alter-ego de Ramón Otero Pedrayo en Arredor de si, contemplaba abraiado a inmensidade dun mapa do país pendurado do pazo fidalgo. A dimensión galáctica ante os ollos estivais dun rapaz. … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Deixa un comentario

Discurso na X asemblea da Irmandade Xurídica Galega

Celebrada o 10 de xuño no Paraninfo da Universidade de Compostela Distinguidas autoridades Ilustre auditorio Amigos e amigas Se nesta hora pecharámo-los ollos e axustarámo-los tímpanos dos ouvidos, percibiríamo-la voz barroca, emotiva e cantaruxeira de don Ramón Otero Pedrayo. Voz … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , , | Comentarios desactivados en Discurso na X asemblea da Irmandade Xurídica Galega

Álvaro Cunqueiro nas páxinas de Faro de Vigo

Publicado en Faro de Vigo (1-VI-2017)  En Mouruás, San Xoán do Río, houbo unha espada no ventre dunha pedrafita. Unha espada pistiliforme; é dicir, coa fasquía do pistilo dunha flor, a estendida lingua xerminal. O bronce do seu corpo lanceolado … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Álvaro Cunqueiro nas páxinas de Faro de Vigo

A bandeira galega en Vigo. Terra ceibe!

Publicado en Faro de Vigo (28-IV-2016)   Até nos presentes días óuvese dicir que a bandeira galega é, na súa orixe, a bandeira da capitanía marítima da Coruña. Cóntase, pois, que os emigrantes galegos en Cuba (flor espumosa do Caribe) … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | 1 comentario

Mulleres de noso

Publicado en Faro de Vigo (21-I-2016) As primeiras litografías que mirei de Honoré Daumier foron en Paris, capital of modernity (2003), de David Harvey, e que me emprestara o meu bo amigo David Rodríguez, o funambulista coxo. Un libro que … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | 1 comentario

O Consello de Galiza e Ferrín

Publicado en Faro de Vigo (8 de xaneiro de 2015) Se a memoria nos é fiel, no remate da súa homenaxe no ano 2009, X. L. Méndez Ferrín afirmaba de si mesmo: “eu non son máis ca un que camiña … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O Consello de Galiza e Ferrín

Crónica de Don Roberto. O avogado de 1936

Publicado en Faro de Vigo (6 de marzo de 2014) Federico García Lorca chegaba a Vigo o día 6 de maio de 1932. O Café Derby e Casa Pepe foron dous dos estabelecementos onde Lorca compartiría animada conversa. Encol das mesas … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , , , , , | Comentarios desactivados en Crónica de Don Roberto. O avogado de 1936

A indignación chámase Roi Xordo

Roi Xordo, eis o nome da indignación galega. Eis a chamada a termos as orellas guichas. Eis a reclamación de exercemos como cidadanía para esixir dous puntos fundamentais: dilixencia na protección do patrimonio e transparencia informativa. Podemos pedir máis explicacións: … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , , | Comentarios desactivados en A indignación chámase Roi Xordo

Sexamos a Consellaría de Cultura

Anormal. Eis o epíteto que define a Galiza. Un país anormal que abala entre os indíxenas, decote máis condenados a vivir nunha reserva, e os “impositores” foráneos ou conversos que miran con lupa o lucro persoal. No medio, milleiros de … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Sexamos a Consellaría de Cultura

Co pensamento en Isaac Díaz Pardo

Hai persoas que deixan unha pegada o mesmo día que as coñeces. Aínda que non che digan ren, aínda que non miren para ti, aínda que non che dirixan a palabra. Hai persoas que levan ao carrelo un anaco da … Sigue lendo

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Co pensamento en Isaac Díaz Pardo