De meu

Son Xurxo Martínez González. Nacín en Coia en 1984 no seo dunha familia traballadora e nun barrio periférico. Actualmente traballo como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.

Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo, tras presenta-la tese “La Oliva. Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento”. Acadou a cualificación de Sobresaínte Cum Laudem (2015) e o Premio Extraordinario de Tese de Doutoramento (2016).

Teño publicado artigos en diversas revistas científicas de varios países: A Trabe de Ouro, Grial, Boletín Auriense, Boletín Galego de Literatura (Galiza); Revista de Filología, Madrygal (España), Annuari Verdaguer (Cataluña), Itinerarios (Polonia), Primeira prova (Portugal), eHumanista/iVitra (Estados Unidos) e Boletín de Literatura y Lingüística de La Habana (Cuba). Tamén participei en diversos congresos sobre materia do século XIX (Rexurdimento e prensa).

Como escritor plubiquei varias obras: Fuco Gómez (AGER, 2007), Luís Soto. A xeira pola unidade galega (Xerais, 2011), Vida e obra de Manuel Leiras Pulpeiro (Galaxia, 2012; con Armando Requeixo), Recuerdos de agosto. Obra completa de Aurelio Aguire (Alvarellos, 2013; con Olivia Rodríguez), Os últimos carballos do Banquete de Conxo (Avalrellos, 2016; con H. Alvarellos, F. Singul e Martín Souto).

Participei con distintos capítulos en volumes colectivos dedicados a Francisco Fernández del Riego, Urbano Lugrís, Antía Cal, os xuristas das Irmandades da Fala, Roberto González Pastoriza, Fermín Penzol, Rosalía de Castro, Juan Compañel, Eduardo e Alejandro Chao, Ramón e Antón Villar Ponte ou Aurelio Aguirre.

Como creación literaria recibín os seguintes premios: XII Premio de Poesía Díaz Jácome (2011), por “Nocturno de Mondoñedo”; I Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro (2012), por “Nenia a Manuel Leiras Pulpeiro”; primeiro premio de Poesía da Universidade de Vigo (2013), por “Río Miño”; o primeiro premio de Relato da Universidade de Vigo (2014), por “Dúas pezas de ouro”, e o segundo premio de Poesía da Universidade de Vigo (2914), por “Turonio”; e o primeiro premio de Relato da Universidade de Vigo (2015), por “Fragmentos”.

Correo de contacto: xurxomartinezglez@gmail.com

2 respostas a De meu

  1. Estupendo artigo sobre Cunqueiro!

Os comentarios están pechados.