Esta anécdota contouma o Gonzalo Navaza. Non sei como non se anima a facer un libro que recolla este tipo de contos. Mira que ten e ben bos. E di así:
Foi durante unha conferencia nunha sala ampla ateigada de xente nunha localidade da Comunidade Autónoma Galega. Non lembro o nome das persoas agás o de Fernando Ónega, o xornalista que fixo carreira en Madrid que agora acompaña con anuncios para o Banco Pastor.
Logo das correspondentes presentacións, tomou a palabra o citado xornalista. Abriu dun xeito semellante a isto:
“Como sabedes eu son galego. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Madrid, por deferencia con eles, voume expresar en castelán. As linguas están para comunicarnos”.
Falou, logo, nun castelán empiricamente bo malia que o puidese facer nun galego supostamente tan bo.
A seguir falaba unha señora. Mágoa non lembrar o nome. Comezou:
“Como sabedes eu son galega. Sei falar galego e gústame moito a fala da miña terra. É un tesouro que temos. Pero como aquí diante temos a dous colegas de Francia, por deferencia con eles, voume expresar en francés. As linguas están para comunicarnos” [Nesa sala non había francés ningún].
A xente entendeu perfectamente. Non o francés, senón o galego que esta señora recuperaría aos cinco minutos pero cheo de prestixio. Xusto o que lle arrancaran, por deferencia, había media hora.
Boíssimo!
Gracinhas por compartir a historia.
Obrigadísimo, Séchu!
Na Galiza, o galego é o primeiro, senão por «deferência» perderemos a nossa língua.
Velaí o nai do año:a falta de firmeza na nosa lingua.
Pareceme moi oportuna. Veredes, con isto do Face un vai facendo amizades por moitos sitios, e , as veces, creanse situacions moi curiosas. Eu, salvo con alguns verdadeiros amigos, non busco amistades virtuais fora da Galiza, para, precisamente, non ter istes problemas, pero ainda asi algun aparece. Calqueira que me solicite amizade ten que saber que sempre, sempre, me explico no meu idioma, asi que moita dubeda non debe ter. Ainda cando falo con iles, isto traducido o territorio ven a se-lo mesmo, para iso estan os traductores, pra que o idioma, o que sexa, brile e se desenvolva en igualdade. Por deferencia.
É que unha cousa é ser cortés e outra é ser parvo de vez. Tes toda a razón. As linguas están para iso, para aprendelas, gozalas e falalas.
P.D. ; O que non quita pra , que de xeito privado, lhes resolva as dubedas que poidan ter. Por deferencia.
Hai pouco un director dunha sucursal do Banco Pastor intentábame vender un produto financiero de alta rendabilidade (deben andar sen un can para ser dos que máis ofrecen polos cartos, como hai uns meses facían os ruizmateos) e díxenlle que ese señor que teñen como aval e vendendo o banco (o Sr Ónega) non me inspiraba ningunha confianza así que non ía a facer nada con eles.
O que está claro é que ninguén da un peso por catro cadelas. Un dato curioso: na época republicana, Ricardo Pastor (dono do Banco Pastor) apoiaba economicamente as actividades do Partido Galeguista. De feito, trala guerra, foi substituído por Barrié de la Maza por problemas co novo réxime.
Certo, eu xa estou farto de facer o parvo, mesmo con compañeiros de traballo que levan 20 anos na Galiza, e aínda pretenden que por «deferencia» falemos español onda eles, mesmo que sexa un por dez.
Si, din que somos maleducados. Pero como eses tópicos xa os escoitamos e non valen de nada. pois nin caso. Unha cousa é ter unha conversa directa con alguén de fóra e outra é que de 10 haxa un de fóra e teña que falar en castelán. Pois non. E aínda que o tópico di que esa xente se sente ofendida, podo dicir por experiencia que hai xente que non lle parece mal. E iso alégrame porque non todos os de fóra son tan maleducados.
Pingback: Em galego, por deferência
Gustóume moito isa historia.
Pois, como aínda non sabedes, eu non son galego. Son català. Falo decotío o català, na miña terra. Pero cando vou a Galiza, intento falar galego. Por deferencia aos galegos, que moran no seu país, e que evidentemente falan (ou deberían) falar sempre galego, xa que é certo que ise é un tesouro que tendes, eu fago o que podo para falarlo tamén. As línguas están para comunicarnos. E a deferencia a temos que ter os forasteiros falando a língua do país. Estou canso da xente que intenta facerme trocar de língua na miña terra. Por educación e por cultura, na Galiza sempre falo galego.
Xavier, levas moita razón. Cando estes que din que somos uns maleducados por fala-la nosa lingua na nosa terra cando van a Francia moitos tranta de falar francés, cando van a Italia, italiano… pero van a Galiza ou a Cataluña, entón falan castelán. Retrátanse a eles mesmos.
E cando van a Portugal tamén falan en español, non se molestan en usar siquera o galego.
Eis o mellor ridículo pero lembra, as linguas están para comunicarnos!
A min hoxe pasoume unha triste anécdota.
Traballo nunha administración pública. Hoxe atendín a un brasileiro que tiña que entregar unha documentación. Cando me escoitou falar en galego deume as grazas. Fiquei con cara de sorpresa e el explicoume que non entendía ben o español e que tiña moitos problemas de comunicación xa que nesta cidade (Vigo) toda a xente se dirixe a el en español.
Ao rematar comigo sentouse na mesa dunha compañeira para outro trámite. Esta compañeira faloulle en español. Erguinme e pedinlle que lle falara en galego. O home volveu a darme as grazas.
Pois de Vigo somos e en Vigo sbemos que é iso de falar galego. En cantas ocasións nin o propio funcionariado responde na lingua en que un fala. E se pides que che atenda unha persoa que me responda en galego, dirán que son un radical. Igual de radical ca eles cando non queren falar na miña lingua oucpando un posto na administración pública.
moi bo grazas.
A ti polo comentario.
Hola, pareceme moi ben o que fixo esa señora. Eu son palentino ainda que vivín 22 anos na Galiza. Estes sonche así, cando se trata de anglo-falantes ou franco-falantes, danse unha maña do demo, mais cando se trata do galego ¡ay amiguiño!, hai que ter moita deferencia. Un saudo.
Éche así. O bon é que haxa xente tamén de fóra de Galiza que comprenda que o que nos dicimos non é de loucos nin de imposicións. Só é normalidade. Obrigado polo comentario. Saúdos
O que fixo esta muller está moi ben. Estes voceiros sonche así, cando se trata de anglo-falantes ou franco-falantes, danse unha maña do demo, mais cando se trata do galego ¡ay amiguiño!, hai que ter moita deferencia. saudos.